Navegación: Inicio Actividades Actividades programadas EMERXENCIA CLIMÁTICA 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Presentación
A emerxencia climática é probablemente o principal reto socio-ambiental ao que a humanidade ten que se enfrontar. Unha crise de dimensións planetarias con consecuencias claramente observables no presente e que se incrementarán a medio e longo prazo. A actividade proposta pretende aproximarse ao CC como un problema complexo e global con conexión individuais e colectivas. Que elementos debemos ter en conta na propia cotiandade? Como pode a escola procurar un cambio de paradigma nas nosas relacións co medio ambiente? Que iniciativas comunitarias poderían ser relevantes nesta liña? Contando coa participación do profesorado da Facultade de Ciencias da Educación da USC vencellado ao Proxecto RESCLIMA e con outras persoas colaboradoras abordaremos estas e outras cuestións que poidan xurdir. Será unha actividade que celebraremos na sede de Nova Escola Galega, no barrio de Conxo, aberta ao público, dunha duración aproximada entre intervencións da mesa e coloquio de dúas horas.

Ficha técnica
Ficha técnica
(máis información)



Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com