|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
|
 | Presentación |  |
Esta acción formativa baséase na aprendizaxe cooperativa. A metodoloxía didáctica presentada busca a participación activa en base á problematización de casos e á deconstrucción de ideas previas. Para esta tarefa farase uso de técnicas educativas colaborativas como son o videoforum, os grupos de discusión e role-playing; ademais xeneraranse mapas conceptuais e brainstorming buscando en todo momento a creatividade colectiva. Nos catro bloques temáticos expostos mesturarase o formato palestra-debate con diversos obradoiros.
OBXECTIVOS
- Coñecer a importancia do xénero, as estéticas, a orientación sexual e a identidade de xénero na dimensión individual, grupal e comunitaria. Así como abordar a resiliencia identitaria, a expresión de afectos e a xestión amatoria no desenrolo persoal e colectivo das mulleres e persoas LGTBI do rural.
- Profundizar nas diferentes formas de violencia de xénero e de bullying LGTBIQfóbico. Así como as sucesivas formas de colonizar e agredir o medio rural.
- Asumir estratexias prácticas pra aplicar os feminismos na realidade educativa da vida rural.
- Comprender as vantaxes e beneficios da praxe coeducativa dende un enfoque emancipatorio, intercultural e rural.
PROFESORADO
- Isabel Álvarez Fernández: Ecofeminista. Licenciada en Tradución e Interpretación. Máster en Cooperación para o Desenvolvemento e Sostenibilidade Ambiental. Formadora de formadoras en educación afectivo-sexual. Promotora de Igualdade de xénero. Docencia da formación profesional para o emprego. Experiencia en Educación para o Desenvolvemento.
- Ángel Amaro Quintas: Licenciado en socioloxía. Máster en Investigación Educativa. Postgrado de Experto en infancia e Xuventude en Risco social. Certificado de Profesionalidade de Docencia da formación profesional para o emprego. Membro do Grupo de Educación no Rural de Nova Escola Galega. +info: http://coeducacionrural.blogspot.com/
|
|
 | Documentación |  |
|
|
 | Ficha técnica |  |
II XORNADA SOBRE COEDUCACIÓN RURAL, ECOFEMINISMOS E DIVERSIDADES
29-30 setembro e 1 outubro
Sede do Sindicato Labrego Galego (Rúa do Cuartel, 1 / Avda. Da Terra Chá 112, 120. Vilalba, Lugo)
Destinatarios:
- Profesorado
- Educadores/as en xeral que sexan autónomas/os, docentes no eido do ensino non formal, cooperativas de ensinanza, animadoras/es socioculturais e dinamizadoras/es comunitarias/os, etc.
- Estudantes de maxisterio, socioloxía, traballo social, educación social, etc.
- Persoas vinculadas a asociacións culturais e de mulleres, LGTBIQ, etc.
Horas de formación: 20 horas
Matrícula Ata o 3/9/2017: Ordinaria: 45 €/ Desempregadas/os e estudantes: 25 € / Asociadas/os NEG: 15 € Desde o 4/9/2017: Ordinaria: 50 €/ Desempregadas/os e estudantes: 30 €/ Asociadas/os NEG: 20 €
Inscricións
Enviarase o formulario de inscrición debidamente cuberto xunto co xustificante bancario a:
Nova Escola Galega - R/ das Hedras, 4-2ºO, 15895 Novo Milladoiro- Ames.
Ou ben por correo electrónico a: neg@neg.gal
(*) Datos bancarios para o ingreso (indicar nome e apelidos e nome da actividade):
Conta en ABANCA- titular: Nova Escola Galega / ES77 2080 0300 85 3040089500
|
|
|
|